Os nosos postos de traballo

Postos de traballo que se adaptan ao teu ritmo Dispoñemos de distintas modalidades para adaptarnos á túa forma de traballo, dende pases únicos dun día ata arrendamentos de 11 meses SOLICITAR
Os nosos postos de traballo SOLICITAR

Elixe a túa modalidade de posto flexible:

Media Xornada Mensual

O teu posto de traballo, con horas de acceso a salas, auditorio e praza, en horario de mañá ou tarde. Elixe o teu horario: Luns a venres de 8h a 14h (mañá) ou Luns a venres de 14h a 20h (tarde). Prezos sen IVE incluído. 100 €

Xornada Completa Mensual

Goza do teu posto flexible de traballo no horario que prefiras, con horas de acceso a salas, auditorio e praza, e con opción de alugar praza de garaxe. Prezos sen IVE incluído. 175 €

Xornada Completa 11 Meses

Se a túa estancia é máis longa, goza con esta modalidade de todas as vantaxes do posto flexible de xornada completa a un prezo insuperable. Prezos sen IVE incluído. 1.500 €

Pase de día

Terás un posto flexible de traballo para acceder por un día ao ecosistema de Correoslabs.
SOLICITAR

Os servizos que poden gozar os residentes en Correoslabs son:

WIFI e cobertura móbil

Sala de reunións

Auditorio

Zona de café e vending

Cociña e comedor

Armario - Almacén

Aparcadoiro (opcional)

Vixilante de seguridade

Recepción e soporte técnico

Mobiliario moderno e ergonómico

Galería dos nosos postos

Preguntas frecuentes

Cal é o horario de Correoslabs?

O horario de uso de todas as nosas instalacións é de luns a venres de 08:00 a 20:00.

Hai facilidade para estacionar pola zona?

Las Tablas conta con aparcamento libre, non regulado. Poderás encontrar sitio para estacionar o teu vehículo na rúa con facilidade. Tamén dispoñemos de prazas de garaxe cubertas para os residentes da modalidade de xornada completa, a un prezo moi competitivo, e segundo dispoñibilidade.

Como podo acceder con transporte público a Correoslabs?

Podes chegar a Correoslabs mediante metro (estación Las Tablas en L10 ou Estación Palas de Rey en ML-1)

Como podo contactar convosco?

Se precisas contactar connosco, podes facelo a través do noso email: info.correoslabs@correos.com

Con que medidas de seguridade conta o voso centro?

Contamos con persoal de seguridade e cun sistema de cámaras de vixilancia e alarma conectados ao centro de seguridade de Correos. Ademais, coa modalidade de xornada completa poderás contar cos nosos armarios para gardar os teus obxectos persoais (suxeitos á demanda actual e dispoñibilidade).

Aínda tes dúbidas sobre Correoslabs?

info.correoslabs@correos.com

Luns a Venres de 8h a 20h 

O noso espazo

Rúa Sierra de Atapuerca, 13 - C.P. 28050 Madrid