Información sobre actividades relacionadas con Correos Labs

Política de protección de datos

1. Quen tratará os seus datos?

O responsable do tratamento é “Sociedad Estatal Correos y Telégrafos, S.A., S.M.E” (en diante “Correos”), con CIF A-83052407 e domicilio social en rúa Conde de Peñalver 19, 28006 -Madrid (España). 

Para garantir a axeitada xestión do devandito tratamento, Correos ten designado un Delegado de Protección de datos (DPD ou DPO), a quen se pode dirixir a través do seguinte enderezo de correo electrónico: dpdgrupocorreos@correos.com

 

2. Para que se tratarán os seus datos e por que?

Finalidade: Os datos de carácter persoal do Usuario serán tratados para poder remitirlle, ao enderezo de correo electrónico por el indicado, información sobre calquera actividade relacionada con Correoslabs, tales como: concursos de emprendemento, oferta de espazos e centros de coworking, charlas, formacións e outros eventos relacionados co emprendemento, servizos de asesoramento e programas de aceleración para startups. 

Os produtos e servizos sobre os que Correos remita a información poden ser propios, do resto de empresas do Grupo Correos ou doutras empresas colaboradoras cuxo sector se encontre relacionado coa actividade de Correoslabs (p. ex. Centros de negocio, inmobiliarias, empresas de formación...)

Datos tratados para esta finalidade: Datos de contacto (correo electrónico).

Base lexitimadora: A base na que se ampara este tratamento é o consentimento do interesado.

Non obstante, pode revogar o seu consentimento, en calquera momento, a recibir este tipo de comunicacións a través dalgún dos seguintes medios:

• Mediante e-mail dirixido a derechos.protecciondatos.correos@correos.com ou no enderezo postal: rúa del Conde de Peñalver, 19, 28006 Madrid.

• A través das ligazóns de “Baixa” ou similares que acompañan a todas as comunicacións.

 

3. Que datos serán tratados?

Os datos que Correos trata proveñen do formulario denominado “Comunicacións Correoslabs”.

 

4. Comunicaranse os seus datos a terceiros?

Con carácter xeral non se prevé que os seus datos sexan comunicados a outras persoas distintas de Correos. Porén, para cumprir coa lei, podemos vernos obrigados a ter que comunicar os seus datos a outros terceiros, como Administracións públicas (p. ex., FCSE) ou tribunais. 

 

5. Por canto tempo serán tratados os seus datos?

Os datos persoais derivados da solicitude de envío de información serán conservados, mentres non revoque o seu consentimento. Neste momento, procederase ao seu bloqueo, estando dispoñibles tan só por solicitude de xuíces e tribunais, o Ministerio Fiscal ou as administracións públicas competentes durante o prazo de prescrición das accións que puidesen derivar e, unha vez transcorrido o período de bloqueo, a súa completa eliminación. Para os efectos exemplificativos, nos casos máis habituais aterase ao prazo de prescrición de tres anos derivado da normativa de protección de datos. 

 

6. Cales son os seus dereitos?

Na medida que estean recoñecidos na normativa de protección de datos aplicable en cada momento, o Usuario poderá exercer os seguintes dereitos en relación co tratamento dos seus datos:

a) Dereito de acceso: se exerce este dereito, poderá coñecer que tipo de datos estamos a tratar e as características do tratamento que estamos a levar a cabo.

b) Dereito de rectificación: se exerce este dereito, poderá solicitar a modificación dos seus datos por ser estes inexactos ou non veraces.

c) Dereito de portabilidade: se exerce este dereito, poderá obter unha copia nun formato interoperable dos datos que estean a ser tratados nos casos recollidos na Lei.

d) Dereito á limitación no tratamento de datos: se exerce este dereito, poderá limitar o tratamento dos seus datos nos casos recollidos na Lei.

e) Dereito de oposición: se exerce este dereito, poderá opoñerse ao tratamento dos seus datos nos casos recollidos na Lei.

f) Dereito de supresión: poderá solicitar a supresión dos seus datos cando concorran os requisitos recollidos na Lei.

g) Dereito a revogar o consentimento prestado.

Pode exercitar os seus dereitos a través dalgunha das seguintes canles, indicando o dereito que desexa exercitar e acompañando copia do documento nacional de identidade ou documento equivalente, ademais de calquera outra documentación que considere oportuna:

a) Enderezo Postal: rúa Conde de Peñalver 19, 28006 Madrid (España)

b) Correo Electrónico: derechos.protecciondatos.correos@correos.com

Na páxina web da Axencia Española de Protección de datos (AEPD) pode encontrar unha serie de modelos que lle axudarán no exercicio dos seus dereitos. Así mesmo, informámolo de que ten dereito a interpoñer unha reclamación ante a autoridade de control (en España, a AEPD) en caso de que considere infrinxidos os seus dereitos.

Correos facilitará a información solicitada no prazo máximo de un (1) mes a partir da recepción da solicitude. O devandito prazo poderá prorrogarse outros dous (2) meses en caso necesario, tendo en conta a complexidade e o número de solicitudes.