App para organizar votacións online

A votación dixital é o futuro e nós queremos facelo posible agora

Ofrecemos un produto altamente configurable e adaptable aos procesos de votación dos nosos clientes a través dunha mesma plataforma.

Oportunidade

O nivel de voto tradicional está obsoleto debido a que é:

  • Presencial
  • Caro
  • Lento
  • Dificulta a participación

Solución

Appsamblea ofrece unha alternativa ao voto tradicional para que organizacións, empresas e institucións de calquera tamaño poidan votar de xeito verificado, secreto e inmutable.

Modelo de ingresos ABC

Appsamblea é un SAAS cuxo modelo de ingresos principal se basea nunha subscrición para o uso da ferramenta, tendo ademais canles adicionais de monetización.

Oportunidades

Solución transversal aplicable a calquera sector e cun alto potencial de internacionalización.

A situación de confinamento acelerou a necesidade de implantación de solucións de voto remoto en institucións e empresas.

A demanda dos nosos servizos creceu de xeito moi significativo. Auxe das Smart Cities e Open Government con maior participación, rendición de contas, etc.