Fabricando ecosistemas
Instauramos un novo modelo para crear ecosistemas dunha forma eficiente
Baseándonos nas vantaxes da fabricación en serie. Marca un antes e despois neste campo da reforestación e sementeira de grandes extensións:
Problema
O Cambio Climático é probablemente o maior problema ao que nos enfrontamos como sociedade.
O aumento exponencial dos gases de efecto invernadoiro, incendios e a deforestación masiva son as principais causas deste.
Solución
A solución pasa por crear de forma hipereficiente enormes extensións de novos ecosistemas que por unha parte reabsorban, mediante o seu proceso natural, inxentes cantidades de CO2 e, por outra, foresten máis cantidade de terreo que a que cada ano se destrúe pola acción humana ou os incendios.
Mercado
Somos pioneiros en obter resultados a grande escala, mediante a reforestación de grandes superficies incendiadas. Reforestamos os grandes incendios de España, México e Colombia.
Negocio
Fondos privados, ou grandes empresas para as actuacións de reforestación/sementeira. (Mercadotecnia, RSC).
Fondos públicos para recuperar zonas de alto valor ecolóxico afectadas por incendios.
O 20 % da reforestación faise con métodos de plantación tradicionais e o 80 % coa nosa tecnoloxía e metodoloxía.