Intelixencia artificial explicable e machine learning accesible para todos

Quen somos?

EXPAI suma valor á Intelixencia Artificial eliminando posibles nesgos para gozar dunha IA transparente e comprensible.

Para logralo, aplica o uso de solucións baseadas na Intelixencia Artificial Explicable axudando ás empresas a poder comprender e confiar nos resultados que ofrecen estas novas tecnoloxías de cara á toma de decisións.

Que problema resolvemos?

A aparición da Intelixencia Artificial e o machine learning presentan unha gran cantidade de beneficios e vantaxes a cambio dun funcionamento interno complexo e non sempre libre de nesgos.

Isto provoca non só a desconfianza por parte das organizacións que queren usar estas tecnoloxías senón tamén a posibilidade de que os datos ofrecidos non sexan 100 % óptimos e fiables.

Como funciona a nosa solución

EXPAI resolve esta problemática eliminando o descoñecemento e o potencial de nesgo destes sistemas de intelixencia artificial grazas ao uso e desenvolvemento da Intelixencia Artificial (IA) Explicable xurdida no ámbito académico.

Para quen?

Para unha gran variedade de organizacións e empresas que basean as súas operacións nos datos que lles ofrecen a IA e os sistemas de Machine Learning á hora de: elaborar modelos, monitorizar procesos e resultados, automatizar e optimizar procesos e axilizar e fortalecer a toma de decisións.

Como o facemos?

Mediante unha solución SaaS baseada na Intelixencia Artificial Explicable (IAX) que grazas a algoritmos open source facilita o acceso aos beneficios da explicabilidade a calquera persoa grazas a unha interface visual e intuitiva.

Conséguese así ofrecer un sistema escalable nun ámbito multi idioma de alcance global.