Solucións de Robótica e automatización de espazos urbanos para as entregas de última milla
Quen somos?
Ubyko proporciona unha solución para a loxística de última milla mediante un sistema de almacenamento intelixente mediante nano-hubs sostibles e eficientes.
Que problema resolvemos?
A loxística das cidades vive un momento clave onde se vive un dobre cambio.
Por un lado, a transformación das cidades e núcleos urbanos cara a un modelo peonil e sostible. Por outro lado, a demanda crecente do consumidor por unhas entregas máis áxiles con mellores servizos.
Como funciona a nosa solución
Para dar resposta a estes grandes cambios precísase a transformación da loxística urbana.
A forma de logralo pasa por aproveitar locais comerciais e darlles un novo uso en forma de nano-almacéns (nano-hubs) que ofrecen un servizo 24 horas ao cidadán.
A través destes nano-hubs, o consumidor obtén unha potente ferramenta para a súa loxística, dándolle unha gran flexibilidade, rendibilizando a última milla e axudando ao aforro enerxético clave no camiño cara á sostibilidade.
Para quen?
Esta solución vai dirixida a todo o que queira liderar e rendibilizar a última milla.
A través da automatización e a robótica, as empresas de loxística e retail poden cambiar por completo o seu sistema de almacéns tradicionais
Poden crear un nodo automático que conectado á vía pública, dá un servizo 24 horas ao consumidor.
Como o facemos?
Ubyko baséase nun sistema de almacenamento intelixente optimizado para espazos urbanos.
Unha combinación de software e hardware que permite a venda ultrarrápida mediante click&collect, vending e loxística de carga nocturna apoiada pola mercadotecnia a pé de rúa.
Lógrase así unha experiencia máis eficiente e sostible, tanto para empresas como para consumidores.